Dentro da serie de visitas a empresas innovadoras con potencial de desenvolvemento tecnolóxico asentadas pola provincia, durante a mañán de hoxe visitei a empresa GLAÜCOR no Polígono Industrial de Ponteceso. Unha empresa nova, con menos de dous anos, que experimenta un crecemento acelerado e en tempos de crise, (podería situarse dentro das denominadas “Empresas Gacela”), como proba o crecemento da súa dimensión empresarial, así como da súa plantilla, que pasou de 1 a 20 en menos dos seus 2 anos de existencia.
Todo un exemplo de integración de entusiasmo, ansia de internacionalización, e transferencia de coñecemento (desenvolve unha actividade continua de transferencia có Grupo de Investigación de Enxeñería Química Ambiental da Unniversidade da Coruña) en materia de deseño, procesamento de datos, mecanización e automatización de procesos con tecnoloxía avanzada, así como de depuración de augas.
Logo de percorrer os distintos departamentos da empresa, da man do empresario Bernardino Santos, e máis do Coordenador de Política Municipal da Comisión ejecutiva provincial do PSdeG-PSOE, José Mato Pet, puden comprobar que existe na Comarca un potencial importante de xóvenes con ideas, capacidade y e vontade de emprendedurismo, cun excelente nivel para a expansión de productos e servicios de tecnoloxía non só cara a España e Portugal, senón a outros países do mundo que figuran hoxe entre os seus clientes.
Todo elo sen que exista un programa de apoio e incentivación as iniciativas empresariais e ás capacidades dos xóvenes galegos por parte da Administración ou do Goberno Galego. Resulta enormemente satisfactorio ver cómo os xóvenes da comarca, formados nas Universidades Galegas, fan fronte ás dificultades có seu coñecemento, có seu entusiasmo e coa súa capacidade resiliente para saír da crisis económica. Resulta sen embargo decepcionante que teñamos que ser testigos do desinterés que a Xunta de Galicia presta a toda esta capacidade emprendedora.