• Skip to main content

Glaücor

Glaücor

  • Quiénes somos
  • Servicios
  • Partners
  • Empleo
  • Noticias
  • FEDER
  • Contacto

Journal

Un millón de euros para la puesta en marcha de cinco proyectos innovadores en la Costa da Morte

9 febrero, 2019

La Xunta, a través de la Consellería de Economía e Emprego, dio luz verde a la cuarta edición del programa Conecta Peme. Ayer, el delegado Ovidio Rodeiro visitó las instalaciones de Glaucor Ingeniería, en Tella (Ponteceso)

La Xunta, a través de la Consellería de Economía e Emprego, dio luz verde a la cuarta edición del programa Conecta Peme que, en la convocatoria del 2018, financió cinco proyectos en la Costa da Morte, basados en la investigación, el desarrollo y la innovación (I+D+i), con una inversión pública de 574.000 euros, que supone en la práctica la movilización de un millón de euros.

El delegado territorial de la Xunta, Ovidi Rodeiro, visitó en la mañana de ayer las instalaciones de Glaucor Ingeniería, con sede en Tella, Ponteceso y cuya actividad principal es el desarrollo de tecnologías para el tratamiento de residuos derivados de la producción y obtener productos de valor añadido, agua de regadío o biogás para autoconsumo. Hasta Glaucor Ingeniería también acudió el alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido.

 

Fuente: La voz de Galicia

Bergantiños merece que máis xente emprenda e deixe aquí as súas ideas

20 noviembre, 2018

Dende Glaucor, en Ponteceso, axudan a outras empresas a mellorar a produtividade a través da tecnoloxía. Cóntao o xerente, Nino Santos

No momento desta conversa, mantida con Fran Rodríguez en Radio Voz Bergantiños, Nino Santos está en Xanceda (Mesía, A Coruña), nas instalacións dun dos clientes aos que presta servizo en Glaucor Ingeniería. Esta empresa alimentaria de Mesía acaba de recibir o premio Líderes en Calidad en Expourense, e Nino di estar «fiscalizando» a parte que lle toca neste premio a través dun bo petisco de tortilla. A esta compañía, así como a moitas outras empresas, axúdaas a medrar e a modernizarse tecnoloxicamente para seren máis eficientes e adaptarse ás esixencias do mercado. Todo iso faino dende o polígono industrial de Ponteceso, en Tella.

-A que se dedican en Glaucor?

-Axudamos a clientes do ramo industrial que necesitan dar un paso máis adiante, e melloramos a súa produtividade dende un punto de vista tecnolóxico.

-Abarcan todas as fases dos proxectos cos que traballan.

-Moitas veces hai que examinar como nace a empresa para chegar a algunha conclusión clara. Detectamos que, en orixe, moitas compañías tiñan graves problemas de automatización. Os seus procesos produtivos baseábanse nun labor moi manual, e adaptarse a ese cambio necesario para estandarizarse e facer sempre o mesmo produto era complicado.

-A que tipo de empresas adoitan prestar servizo?

-Maioritariamente traballamos co sector alimentario. A proximidade axúdanos moito a ofrecer un servizo integral, e as empresas pequenas, ás que ninguén presta moita atención, teñen que medrar da man de alguén. A empresa de Xanceda na que estou hoxe [no momento da entrevista] pasou deses catro primeiros iogures que facían nos seus inicios, a facer agora miles deles. O obxectivo é que teñan todos a mesma calidade e características.

-Parece un campo de traballo, polo que conta, moi estable.

-Ao final todos temos que comer [ri] e a alimentación é o gran sector a nivel mundial. Non só os xigantes, senón tamén os produtores pequenos. Con esa estabilidade que tes, sabendo que terás clientes si ou si, tes que crearte unha boa fama, un bo portfolio: produtos que funcionan, pero que teñan capacidade de innovación. Iso está á orde do día. Detrás diso ten que haber unha empresa que axude a outras empresas a alcanzar ese obxectivo.

-A ver se van medrar demasiado…

-[Ri] Na miña mente de polo, cando fixen o organigrama da empresa (levamos apenas dous anos e pico, non máis), a proxección de crecemento e as etapas a seguir, resultaron ser bastante diferentes ás que estamos seguindo agora. Imos moito máis rápido, aínda que medramos de xeito sostido e sen perder a nosa esencia. Hai tamén meteduras de pata [ri] e cousas que hai que mellorar, pero para iso estamos da man de asesores que nos axudan a ir avanzando.

-Cantos traballan en Glaucor?

-Somos a tira de xente! [ri] Trinta e pico persoas somos. Falamos dunha empresa grande, pero que, debido á súa recente creación, ten uns pés que necesitamos reafirmar. Por iso as axudas son tan importantes para nós: porque axudan a dinamizar os negocios dos nosos clientes, e tamén a medrar nós mesmos.

-Imprescindible estar nun polígono industrial para vostedes.

-Está claro que ou apostas por estar na Coruña, ou por tirar para a casa. Eu nacín en Ponteceso -a miña nai é profesora no instituto, de feito- e nalgún momento tes que volver, o que tes que elixir é cómo volves. Nós tiñamos claro que queriamos estar nun lugar que nos ofrecese as posibilidades e infraestruturas para medrar, e nun espazo no que crear sinerxías con outras empresas. En Ponteceso temos uns servizos de calidade, como a mellora en Internet que se fixo hai pouco e que permite facer moitas xestións de forma remota. Hai un bo subministro eléctrico, seguridade… O contorno de Ponteceso non merece que cada un plante un galpón onde lle dea a gana.

Ponteceso, Bergantiños e toda a Costa da Morte merecen que máis xente achegue a súas ideas a empresas que axuden a desenvolver de xeito sostido o contorno.

Fuente: La voz de Galicia

Agora vai moito mellor, levabamos moitos anos pedindo que puxeran unha mellor conexión a Internet

10 enero, 2018

José Santos Rial (Ponteceso, 1955) dirige, en colaboración con su hijo, Nino, Glaucor Ingeniera, S.?A., una empresa con casi 30 años de actividad y 17 empleados en nómina, que hasta hace año y medio se llamaba Santos Rial. El empresario explicó que el polígono de Tella, donde se ubican las instalaciones, carecía de fibra óptica «ata hai uns dous ou tres meses». Según apuntó ayer, «agora vai moito mellor, levabamos moitos anos pedindo que puxeran unha mellor conexión a Internet, e falo duns sete anos como mínimo». José Santos dijo que un buen acceso a la Red es vital para las empresas del polígono. «Había moitos problemas antes de que puxeran o novo servizo. Ía todo moi lento, caíase o sistema, tiñamos moitas dificultades para navegar e para acceder aos datos».

 

Dijo que los cuarenta empresarios de Tella están encantados con el nuevo servicio. «Ía sendo hora de que fixeran caso ás nosas reclamacións, feitas dende a asociación de empresarios». De hecho comentó que el polígono, en la actualidad, carece de parcelas a la venta, lo que, según él, unido a la mejor cobertura y acceso a Internet, facilitará el trabajo a empresarios y trabajadores.

José Santos Rial nació en 1995 y fue concejal del PSOE durante tres mandatos.

Fuente: La voz de Galicia

Visita do Deputado da Provincia da Coruña a empresas innovadoras con potencial de desenvolvemento tecnolóxico.

24 septiembre, 2017

Dentro da serie de visitas a empresas innovadoras con potencial de desenvolvemento tecnolóxico asentadas pola provincia, durante a mañán de hoxe visitei a empresa GLAÜCOR no Polígono Industrial de Ponteceso. Unha empresa nova, con menos de dous anos, que experimenta un crecemento acelerado e en tempos de crise, (podería situarse dentro das denominadas “Empresas Gacela”), como proba o crecemento da súa dimensión empresarial, así como da súa plantilla, que pasou de 1 a 20 en menos dos seus 2 anos de existencia.

Todo un exemplo de integración de entusiasmo, ansia de internacionalización, e transferencia de coñecemento (desenvolve unha actividade continua de transferencia có Grupo de Investigación de Enxeñería Química Ambiental da Unniversidade da Coruña) en materia de deseño, procesamento de datos, mecanización e automatización de procesos con tecnoloxía avanzada, así como de depuración de augas.

Logo de percorrer os distintos departamentos da empresa, da man do empresario Bernardino Santos, e máis do Coordenador de Política Municipal da Comisión ejecutiva provincial do PSdeG-PSOE, José Mato Pet, puden comprobar que existe na Comarca un potencial importante de xóvenes con ideas, capacidade y e vontade de emprendedurismo, cun excelente nivel para a expansión de productos e servicios de tecnoloxía non só cara a España e Portugal, senón a outros países do mundo que figuran hoxe entre os seus clientes.

Todo elo sen que exista un programa de apoio e incentivación as iniciativas empresariais e ás capacidades dos xóvenes galegos por parte da Administración ou do Goberno Galego. Resulta enormemente satisfactorio ver cómo os xóvenes da comarca, formados nas Universidades Galegas, fan fronte ás dificultades có seu coñecemento, có seu entusiasmo e coa súa capacidade resiliente para saír da crisis económica. Resulta sen embargo decepcionante que teñamos que ser testigos do desinterés que a Xunta de Galicia presta a toda esta capacidade emprendedora.

Descarga nota de prensa

  • LinkedIn
  • Twitter
  • Política de cookies (UE)

Copyright © 2023 · Cookies· Aviso Legal · Política de Privacidad

Scroll Up